A Frol D'augoa


Onde vai nosa señora,
Onde vai Santa María?
- Vai cara a banda do mar,
Vai cara a manda da ría

Que dis a virxe, que dis,
Que dis Santa María?
- Cal será a meniña, cal
Que colla s frol d´augoa fria?

- Non será dama nen deuda,
Que será a princesa Aldina,
A princesa namorada
Filla do rei de Galicia
Tan feitiña e tan bonita
C´aqueles seus ollos craros
Do color d´augoa da ría
Soio ti, Aldina, serás
Quen leve a frol d´augoa fria
Erguete do leito, nena,
Ven cara a banda do mar,
Qu´anque ti veñas soiña
En compaña has de tornar

Erguete do leito, nena,
Ven cara a banda da ría,
Qu´anque ti soiña veñas
Tornarás en compañía

Na torre do real palacio,
Anque inda está lonxe o día,
Móvense os liños dun leito;
Algunha xente se erguía
¡é a princesa! ¡Deul-a garde!

Era a moi garrida Aldina
Que vai día de San Xoán
Catal-a frol d´augoa fria







Captcha