Teu Nome, Amarante


Abre a porta vella
Da casa dos seus pais, e
Tórnalle as xanelas
E lava as mans no balde

Da unha volta á aldea
Chamábase Amarante
No amencer só quedan
O nome e a soidade

Meu namorado vai no río
Buscando a neve
Meu namorado vai no río
Calmar a sede

Lembrou as trabes de ouro
De cando nena
E ergueu as grades altas
Onde caeran

Marcharon todos de alí,
O tempo e a terra,
Pero a palabra estaba
No seu lugar

E lousou con laxes novas a aira
E limpou de broza as viñas,
E inventoulle outra historia a Amarante
Para contar a unha meniña

Abre a porta vella
Da casa dos seus pais, e
Tórnalle as xanelas
E lava as maos no balde

Da unha volta á aldea,
Chamábase Amarante,
Pampanos, videiras,
Obradoiros e rapaces

Meu namorado, vira o río
E calma a sede, si
Meu namorado, vira o río
E volta a verme

Béixanse as fronteiras
Nas casas do arrabalde,
Cantas as xanelas
O viño e os amantes

Fálalle aos sen terra
Do dereito a ocuparen
Barrios para a vida,
Palabras para a verdade

E asi foi que esperou polos vivos
A lenda de Amarente
E así foi que aguantou dos camiños
Teu nome, Amarante







Captcha